Friday 26 de April de 2024

O mércores abre o prazo de inscrición para as rutas de sendeirismo do programa Ven e Descubre


Os veciños e veciñas maiores de 60 anos interesados en participar nas rutas de sendeirismo do programa Ven e Descubre poden inscribirse a través da sede electrónica da web municipal desde o vindeiro mércores 18 de maio. Aquelas persoas con dificultade para acceder á inscrición en liña poden dirixirse de forma presencial ao departamento de Servizos Sociais e Igualdade.

As rutas de sendeirismo consisten en expedicións culturais con andainas guiadas de entre 10 e 14 km. Organízanse 9 saídas pola comarca de Bergantiños, Campo Lameiro, O Vicedo e Fuciño do Porco.

O prazo de inscrición estará aberto os días 18,19 e 20 de maio. Haberá un segundo prazo para a ruta do Vicedo os días 22,23,24,25 e 26 de agosto. As prazas son limitadas e outorgaranse por rigorosa orde de inscrición.

ACCESO INSCRICIÓNS: https://sede.oleiros.org/portal/sede/se_contenedor2.jsp?seccion=s_ftra_d4_v1.jsp&contenido=723&tipo=4&nivel=1400&layout=se_contenedor2.jsp&codResi=1&language=gl&codMenu=48&codMenuPN=22